Estamos procesando a súa petición, espere por favor.
982 26 01 96 De luns a domingo de 09:00 a 20:00 horas
ES / GL / UK
Reserva online

Esta ruta en catamarán percorre o río Miño dende o pobo de Belesar, navegando sobre aldeas somerxidas trala construción do encoro dos Peares e bordeando o impresionante meandro que forma o “Cabo do Mundo”, un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra. Dende a embarcación poderemos observar en ámbalas marxes do río frondosas masas de bosques, xunto coa característica paisaxe de vides cultivadas en socalcos, entre os que se asoman algunhas igrexas, pobos de gran beleza e tamén lugares destacados como a Praia da Cova.

Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, facer sendeirismo, achegarse ata a vila de Chantada ou coñecer os segredos mellor gardados do románico rural a través das singulares igrexas da contorna.

Outra información de interese:

- O percorrido en catamarán inclúe servizo de visita guiada.

- O embarcadoiro de Belesar dispón de cafetaría.

- Accede á información sobre lugares de interese nas proximidades do embarcadoiro na seguinte ligazón: https://inventrip.com/deputaciondelugo/trip/5907

Belesar pobo - Cabo do Mundo (traxecto de ida e volta con regreso ao punto de saída). Duración aproximada: 2 horas

Coordenadas GPS: 42°35'33.5"N 7°43'30.6"W Como llegar

Ordinaria : 9 €
Nenos/as de 0 a 3 anos : Gratuíta
Guías, monitores/as, etc : Gratuíta
Carné xove : 5 €
Carné estudante : 5 €
Persoas xubiladas : 5 €
Persoas desempregadas : 5 €
Familia numerosa : 5 €
Persoas con discapacidade : 5 €
Nenos/as de 4 a 12 anos : 5 €
Tarifas para grupos de máis de 30 persoas: ordinaria  7€, reducida  4€

Reserva online

Queres modificar unha reserva?

Se realizache unha reserva e queres facer algunha modificación, preme na seguinte ligazón