Os días 11 e 12 de xullo debido a celebración dunha proba deportiva, os accesos o embarcadoiro de Belesar Pobo, faranse por desvíos alternativos. Dende Chantada pola LU 1804 e dende Monforte de Lemos, desvío cara Escairon posteriormente coller a LU 4102 e logo desvíese dirección Praia da Cova e continuar pola LU 5819.
Embarcadoiro da Deputación de Lugo -Ponte do Sil - Concello de Monforte de Lemos
Embarcadoiro de Belesar Pobo - Río Miño
Preguntas frecuentes
Será necesario presentarse no embarcadoiro como mínimo 30 minutos antes da hora de saída da embarcación.
Como norma xeral non se permitirá o embarque de mascotas, coa excepción dos cans de asistencia, segundo o recollido na Lei 10/2003 de 26 de decembro sobre acceso ao entorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia.
Ademais do billete, será necesario presentar no embarcadoiro DNI/ carta de identificación ou pasaporte e, no caso de pasaxeiros con billete de tarifa reducida, a documentación que acredite a condición de beneficiario destas tarifas especiais (Carné Xove, tarxeta de persoa desempregada, tarxeta acreditativa da discapacidade, etc.).
Malia que a embarcación "Mencía" que percorre o Canón do Sil é accesible na cuberta inferior, é imprescindible que as persoas que usen cadeira de rodas contacten antes de adquirir o seu billete coa central de reservas no teléfono 982 260 196 ou no fomulario de contacto da web para cercionarse das condicións de accesibilidade xeral do embarcadoiro (supeditadas ás variacións do nivel do encoro de Santo Estevo), así como das horas nas que está prevista a saída da embarcación "Mencía".
A web expide billetes nominativos e personais, o que significa que para cada pasaxeiro serán necesarios como mínimo os seguintes datos: nome e apelidos, nº de DNI/ pasaporte ou documento equivalente e data de nacemento.
Si, a pesar de ter gratuidade na tarifa, todos os menores de tres anos deberán ter o seu billete.
Aviso de cookies
titulo modal
Termos de uso
Protección de datos persoais
| INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DOS SEUS DATOS | |
|---|---|
| Responsable | Deputación de Lugo |
| Finalidade | Tramitación ou modificación da reserva, xestión do pagamento e información sobre o estado da devandita reserva. |
| Lexitimación | RXPD: 6.1.e) cumprimento dunha misión realizada en interese público en base ao disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia. |
| Destinatarios | Administración autonómica con competencia na materia; administración tributaria; entidades privadas prestadoras do servizo. |
| Dereitos, información adicional e contacto co DPD | Pode solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, opoñerse ao tratamento ou exercitar outros dereitos que lle asistan, e consultar información adicional, según se indica en https://deputacionlugo.gal/gl/lopd Datos de contacto do DPD: dpd@deputacionlugo.org |