Estamos procesando a súa petición, espere por favor.
982 26 01 96 De luns a domingo de 09:00 a 20:00 horas
ES / GL / UK
Reserva online

Esta ruta en catamarán atravesa o corazón da Ribeira Sacra polo Canón do Sil dende o embarcadoiro da Deputación de Lugo- Ponte do Sil (Concello de Monforte de Lemos) ata a contorna do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Un percorrido panorámico imprescindible que nos permitirá coñecer o máis esencial da Ribeira Sacra e da súa viticultura heroica, así como contemplar o espectacular desfiladeiro que forma o Canón do Sil no seu tramo de maior verticalidade.

Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, impresionantes miradoiros, igrexas románicas, a cidade de Monforte de Lemos ou a tradicional olaría de Gundivós, que completarán unha viaxe inesquecible.

Outra información de interese:

- O percorrido fluvial inclúe servizo de visita guiada.

- O embarcadoiro de Ponte do Sil dispón de cafetaría.

- Accede á información sobre lugares de interese nas proximidades do embarcadoiro na seguinte ligazón: https://inventrip.com/deputaciondelugo/trip/5906

Embarcadoiro da Deputación de Lugo Ponte do Sil (Concello de Monforte de Lemos) - contorna do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil - (traxecto de ida e volta ao punto de saída). Duración aproximada: 2 horas.

Coordenadas GPS: 42°24'34.6"N 7°26'37.8"W Como llegar

Ordinaria : 9 €
Nenos/as de 0 a 3 anos : Gratuíta
Guías, monitores/as, etc : Gratuíta
Carné xove : 5 €
Carné estudante : 5 €
Persoas xubiladas : 5 €
Persoas desempregadas : 5 €
Familia numerosa : 5 €
Persoas con discapacidade : 5 €
Nenos/as de 4 a 12 anos : 5 €
Tarifas para grupos de máis de 30 persoas: ordinaria  7€, reducida  4€

Reserva online

Queres modificar unha reserva?

Se realizache unha reserva e queres facer algunha modificación, preme na seguinte ligazón