Galego :: Español

EMBARCADOIRO DE DOADE

Río Sil - Encoro de Santo Estevo
Percorrido: Doade - Chancis - Doade

Estas rutas atravesan fondos vales dun verde impresionante e canóns por onde as augas do río Sil transcorren placidamente. Navegando por estas tranquilas augas descubriremos os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina, mentres gozamos dunha paraxe poboada de viñedos que transmite paz e quietude.

POR PROBLEMAS TÉCNICOS O SISTEMA DE RESERVAS POR INTERNET PERMANECERÁ PECHADO DENDE OS VENRES ÁS 14:00 HORAS ATA OS LUNS ÁS 8:00 HORAS

Mencía e Cañón do Sil

EMBARCADOIRO OS PEARES

Percorre o río Miño desde Os Peares ata a illa de Maiorga. Desde o catamarán poderemos contemplar estupendas paisaxes de ribeira e a impresionante arquitectura románica, tan característica da Ribeira Sacra. Durante a viaxe, realízase unha pequena parada na illa de Maiorga.

OS PEARES

EMBARCADOIRO DE BELESAR

Percorre o Miño desde o pobo de Belesar ata a illa de Maiorga. Desde o catamarán poderemos observar os bancais de viñedos de Ribeira Sacra. Esta singular maneira de cultivo confire á zona unha paisaxe sorprendente para o viaxeiro que nos axuda a comprender a dificultade e o esforzo que requiere o cultivo da vide nesta Denominación de Orixe. Durante a viaxe, realizase unha pequena parada na illa de Maiorga. O embarcadoiro de Belesar dispón de servizo de restaurante-bar especializado en gastronomía da zona.

BELESAR

EMBARCADOIRO DOS ROBLES

Saíndo do embarcadoiro dos Robles, percorre o río Miño ata a Acea do Rei Chiquito. É unha viaxe que nos adentra nun territorio declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO co nome “Terras de Miño” e que nos permitirá descubrir numerosos exemplares de flora e fauna da mesma.

LUGO CAPITAL

EMBARCADOIRO DE PORTOMARÍN

Esta ruta percorre o río Miño dende o Clube Fluvial de Portomarin até o complexo medieval de San Facundo de Ribas de Miño, permitindo aos pasaxeiros descubrir a esencia do Camiño de Santiago.

PORTOMARIN (non dispoñible)