Percorrido: Embarcadoiro de Doade - Mosteiro de Santa Cristina - Embarcadoiro de Doade.
Duración: 2 horas.
Esta ruta atravesa o profundo Canón do Sil dende o embarcadoiro de Doade ata o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, nun percorrido que nos permite desfrutar dunha paisaxe poboada de vides da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cultivadas en pendentes de gran desnivel, así como da zona máis escarpada e vertical do Canón.
Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, miradores, interesantes mostras de arquitectura relixiosa de estilo románico ou a singular cerámica de Gundivós, caracterizada pola súa cor negra.
*O embarcadoiro de Doade dispón de cafetería.
Tarifas:
Ordinario:
9 euros
Maiores de 65 anos:
5 euros
Carné Xove:
5 euros
Nenos de 4 a 12 anos:
5 euros
Nenos/as de 0 a 3 anos:
0 euros
(non obstante, cómpre reservar praza)
* Consultar condicións de prezo especiais para
grupos de máis de 30 persoas no teléfono
982 260 196.
COMPRA ANTICIPADA DE BILLETES
Percorrido: Belesar pobo - Área recreativa de Maiorga - Belesar Pobo
Duración: 2 horas
Esta ruta percorre o río Miño polo encoro dos Peares ata a área recreativa de Maiorga, pasando polo coñecido meandro que forma o “Cabo do Mundo”, un dos lugares máis espectaculares da Ribeira Sacra. Dende a embarcación poderemos observar en ámbalas marxes do río os bancais da Ribeira Sacra entre os que se asoman algunhas igrexas e pobos de gran beleza.
Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, facer sendeirismo ou desfrutar das numerosas igrexas románicas da zona.
Tarifas:
Tarifa ordinaria billete individual:
9 euros
Tarifa reducida billete individual (maiores de 65 anos, carné xove, nenos entre 4 e 12 anos inclusive):
5 euros
Nenos/as de 0 a 3 anos:
0 euros
(non obstante, cómpre reservar praza)
* Consultar condicións de prezo especiais para
grupos de máis de 30 persoas no teléfono
982 260 196.
COMPRA ANTICIPADA DE BILLETES